Curso gratuito del Concello da Coruña sobre licitaciones públicas

La formación presencial tendrá lugar el 16 de septiembre en el Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio y requiere inscripción previa.

Primer plano de un documento legal con sellos oficiales, representando licitaciones públicas.
IA

Primer plano de un documento legal con sellos oficiales, representando licitaciones públicas.

O Concello da Coruña ofrecerá o próximo 16 de setembro unha formación gratuíta e presencial sobre como presentar ofertas para optar a licitacións públicas, dirixida a autónomos e Pemes.

O Concello da Coruña impartirá, a través do Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, unha formación gratuíta e presencial centrada en como presentar ofertas para optar a licitacións públicas. A xornada levarase a cabo o próximo 16 de setembro, a partir das 17.00 horas.
Para asistir a este curso, que require inscrición previa a través dunha ligazón específica, é necesario dispoñer dun ordenador portátil con JavaScript instalado e operativo, así como unha sinatura dixital habilitada.

"Os centros municipais de empresas da cidade son axentes de dinamización económica e formativa fundamentais. Cursos coma este nacen coa vocación de ampliar o abano de ferramentas para que as empresas locais, en especial as pequenas e medianas, poidan medrar e consolidárense no tecido produtivo coruñés."

O concelleiro Juan Ignacio Borrego
Os obxectivos principais desta formación son darlles a coñecer ás persoas participantes o papel da contratación pública como vía de negocio para autónomos e Pemes, e proporcionarlles ferramentas e pautas prácticas para preparar propostas sólidas e competitivas.
A relación de contidos inclúe a localización e identificación da licitación, a lectura do anuncio e dos pregos, a comprobación de requisitos previos, a preparación da documentación administrativa e técnica, a organización para a presentación, a presentación electrónica paso a paso, a revisión final e validacións, e os erros máis frecuentes.
Información elaborada a partir de la fuente oficial: Concello da Coruña (28/08/2026)